sanidade
Sen categorizar
58003994_1674739866006174_4638961199650701312_n

O BNG critica a política de recortes do PP na sanidade pública

Lucía Santos afirma que “o persoal administrativo do centro de saúde non ten capacidade para poder atender as chamadas telefónicas debido á sobrecarga das súas funcións.”

A Portavoz do BNG lembra que “Dende este pasado xoves no que a Xunta de Galiza restableceu a atención médica presencial a espera para obter unha cita presencial co médico de familia ten unha demora de até 20 días.”

Esta situación resulta inaceptábel para o BNG: “Precisamos un sistema sanitario forte e con recursos para poder ofrecer á cidadanía un servizo digno e de calidade”

Ler novas
Sen categorizar
Manifestación Centro de Saúde

O BNG pídelle ao PP que tome nota tras a histórica manifestación de Seixo

O BNG participou desta convocatoria onde, amais dunha nutrida representación de membros da organización local, asistiron os parlamentarios Montse Prado e Paulo Ríos, así como a Portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos.

Lucía Santos entende que “a manifestación celebrada onte en Seixo foi un rotundo éxito, unha mobilización histórica e multitudinaria na que a veciñanza de Seixo dixo alto e claro que non van aceptar un peche do Centro de Saúde de Seixo”.

“O PP decidiu darlle as costas á veciñanza de Seixo e mirar cara outro lado”, en palabras de Lucía Santos.

Ler novas
Sen categorizar
foto

O BNG lamenta a negativa do PP a mudar o pregón das festas

O BNG solicitara adiantar a hora do pregón ou trasladalo a outro día como xesto de apoio á manifestación convocada pola Plataforma pola Defensa do Centro de Saúde de Seixo.

Lucía Santos afirma que “o malestar existente en Seixo está totalmente xustificado” pois “esta situación de peches e redución de servizos no rural está a darse ao longo do país, coa complicidade do goberno do PP, e na práctica está a supoñer un desmantelamento do rural” 

Ler novas
UNKNOWN
139090325_2309145399232281_4543385631161192424_n

Nova concentración en defensa da sanidade pública

Hoxe voltámonos concentrar diante do Centro de Saúde, coa participación do parlamentario Paulo Ríos, reclamando unha Sanidade Pública de Calidade: dotación de recursos e atención presencial.

Lucía Santos, portavoz municipal do BNG de Marín, lembrou que a Xunta reforzou a quenda de tarde do persoal administrativo grazas á mobilización veciñal.

Ler novas
UNKNOWN
8a8fa9e5-4290-49cf-af64-5435b296a3aa

Nova concentración por unha sanidade presencial

Pese á chuva, convocadas polo BNG un grupo de persoas concentráronse diante do centro de saúde de Marín para demandar unha mellor atención sanitaria.

Queremos unha sanidade con mais medios humanos e materiais, e que nós atendan presencialmente.

Ler novas