Concentración por unha atención sanitaria presencial
O BNG de Marín retoma as concentracións en defensa da sanidade pública e por unha atención presencial no centro de saúde de Marín.
O BNG de Marín retoma as concentracións en defensa da sanidade pública e por unha atención presencial no centro de saúde de Marín.
O BNG volve convocar unha concentración o próximo xoves 29 de outubro ás 11:30, diante do centro de saúde de Marín, para demandar unha atención sanitaria presencial.
Despois do éxito da anterior convocatoria e ante a demanda social de mais mobilizacións desde o BNG consideramos necesaria unha nova concentración para seguir demandando melloras no centro de saúde de Marín.
Este martes 30 de xuño a candidata ao Parlamento Galego Montse Prado estivo no Centro de Saúde de Marín para explicar as propostas en materia sanitaria do programa electoral do BNG, acompañada da portavoz municipal do BNG de Marín Lucia Santos e de Pedro Cortegoso candidato ao Parlamento Galego.
A crise da COVID19 demostrou que foi a sanidade pública a grande defensa fronte á pandemia mais tamén deixou en evidencia as nefastas e dramáticas consecuencias dos recortes e as privatizacións aplicadas polo Partido Popular durante a última década.
Na sanidade pública galega a Atención Primaria padeceu con maior intensidade as consecuencias dos recortes, provocando a masificación das consultas, saturación de cotas médicas, retallada de persoal, incremento das listas de agarda, etc. Especial incidencia ten a falta de pediatras e o traslado dos pacientes pediátricos a centros distintos aos deles.
Marín non foi alleo a esta situación e tivemos que padecer o incremento das listas de agarda cando non substitúen ao persoal médico nas citas en atención primaria, e esperar meses para ter unha cita de medicina especializada. Estivemos desamparados sen unha necesaria ambulancia ás 24 horas, e sen cubrir a totalidade do catálogo de servizos do centro de saúde.
As carencias e deficiencias do novo Centro de Saúde de Marín e os incumprimentos da Xunta de Galiza en materia sanitaria chegan ao Parlamento Galego da man do BNG.