POR UNHA ATENCIÓN SANITARIA PRESENCIAL NOS CENTROS DE SAÚDE, CONCENTRACIÓN O XOVES 29, ÁS 11.30 DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN

En defensa da sanidade pública

WhatsApp Image 2020-10-23 at 09.38.05 (1)

O BNG volve convocar unha concentración o próximo xoves 29 de outubro ás 11:30, diante do centro de saúde de Marín, para demandar unha atención sanitaria presencial.

Despois do éxito da anterior convocatoria e ante a demanda social de mais mobilizacións desde o BNG consideramos necesaria unha nova concentración para seguir demandando melloras no centro de saúde de Marín.

En defensa da sanidade pública

O BNG volve convocar unha concentración o próximo xoves 29 de outubro ás 11:30, diante do centro de saúde de Marín, para demandar unha atención sanitaria presencial.

Despois do éxito da anterior convocatoria e ante a demanda social de mais mobilizacións desde o BNG consideramos necesaria unha nova concentración para seguir demandando melloras no centro de saúde de Marín.

Hoxe a demanda de citas para ser atendido en Marín por cuestións sanitarias ou para activar medicación ten un atraso de unha semana a vinte días, dependendo do profesional, cousa que nós parece inadmisíbel. O persoal sanitario que falta non é substituído, tendo que repartir as súas axendas entre os outros, o que conleva unha acumulación de traballo e un incremento dos tempos de espera.

Esta situación está provocando que a atención a persoas que tiveron contacto con positivos da Covid non sexan atendidas coa présa que demanda un control efectivo da pandemia.

Tamén estamos comprobando demoras na vacinación da gripe pola falta de previsión do Sergas ao carecer de doses suficientes, tendo o persoal administrativo que chamar a moitas persoas previamente citadas para poñela.

Desde o BNG consideramos que se o Sergas pode incrementar o número de administrativos, aumentar o servizo de farmacia e a xornada dos profesionais sanitarios no centro de saúde de Moaña, despois das concentracións realizadas nese concello, tamén o pode e o debe facer en Marín para axilizar a atención e diminuír os tempos de espera.

Demandamos do Sergas e do goberno da Xunta unha actuación inmediata para solucionar estes problemas, e para que de marcha atrás no feche de consultorios, PACs e centros de saúde.

Por último queremos facer un chamamento a todas as persoas que asistan á concentración a que cumpran as normas de seguridade e hixiene estabelecidas polas autoridades sanitarias.

 

En defensa da sanidade pública