O BNG de Marín sumase á concentración convocada por SOS sanidade pública.

175621133_3929908803766380_2690490461538336093_n
Concentración en defensa da sanidade pública en Marín, este 21 de abril ás 20:30h na Alameda.
O BNG de Marín sumase á concentración convocada por SOS sanidade pública.

O BNG de Marín sumase á concentración convocada pola plataforma SOS Sanidade Pública que terá lugar na Alameda de Marín ás 20:30 h.

O BNG de Marín asistirá a dita concentración para seguir reclamando a recuperación do sistema sanitario galego, que se reactiven os centros de saúde e a atención primaria presencial, que xa tiña carencias e que se agravaron por mor da crise socio - sanitaria que estamos a vivir coa COVID-19.

Ademais exixir un plan para afrontar as listas de espera acumuladas, que a información das vacinas da COVID- 19 sexa transparente, e cun acceso universal para toda a poboación galega.

Dende a concentración convocada por SOS sanidade Pública, demandaremos incremento de persoal e rematar coa precariedade laboral no sistema sanitario público.

Dende o BNG de Marín facemos un chamamento para toda a veciñanza marinense, que se sumen a esta concentración para recuperar os dereitos sanitarios de todas e de todos, por unha sanidade publica e de calidade, tamén queremos lembrarlle á veciñanza de Marín a importancia de cumprir estritamente as medidas sanitarias vixentes.

O BNG de Marín sumase á concentración convocada por SOS sanidade pública.