O BNG esixirá unha estrada PO-313 digna
Lucía Santos considera “que o traballo que se fixo na estrada é unha auténtica chapuza”, polo que “o BNG esixirá que se arranxen as deficiencias para que a veciñanza dispoña dunha estrada digna pola que circular”.
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou unha pregunta ao grupo de goberno na comisión informativa de mobilidade, celebrada onte mércores, para saber se o goberno municipal ten proxectada algunha obra de renovación do asfaltado no tramo da PO-313 que vai dende Coirados até Pardavila.
Lucía Santos afirma que “como consecuencia das obras da senda peonil que se realizaron neste tramo da estrada o asfaltado quedou moi danado e as actuacións posteriores limitáronse a parchear baches. Dende hai un par de meses está realizándose un novo pintado da sinalización na estrada, lixando as antigas liñas con maquinaria pesada que está deixando o asfalto en mal estado nunha vía con gran tránsito.”
É por isto que a Portavoz Municipal do BNG de Marín preguntoulle ao concelleiro delegado, Francisco José Estévez, se o goberno local ten previsto levar a cabo algunha actuación para mellorar a estrada, ou se como todo parece indicar vai quedar así, xa que se trata dunha vía principal de conexión para o concello. En resposta á pregunta formulada, o concelleiro da área de mobilidade comprometeuse a consultalo para dar resposta na maior brevidade posíbel.
Lucía Santos considera “que o traballo que se fixo na estrada é unha auténtica chapuza”, polo que “o BNG esixirá que se arranxen as deficiencias para que a veciñanza dispoña dunha estrada PO-313 digna pola que circular”.