O BNG de Marín presenta nestas eleccións municipais do 28 de maio unha brillante equipa de carácter multidisciplinar, cunha formación e currículo envexábel, con capacidade de traballo e extremadamente competente, que ten o foco posto en darlle un cambio de rumbo ao Concello e poñer en marcha políticas transformadoras para mellorar a vida das persoas do noso querido Marín.

Candidata á alcaldía de Marín
Pardavila, 43 anos.
Administrativa.
Voceira municipal do BNG desde 2018 e concelleira desde 2015. Traballou máis dunha década no comercio local de Marín.
Implicada en diferentes entidades culturais, de memoria histórica e de promoción da lingua, ademais de colaboradora no xornal A Nova Peneira.

Cantodarea, 24 anos.
Doutorado pola USC en análise e comportamento electoral.
Graduada en Ciencia Política e da Administración e cun Mestrado en Marketing, Comunicación Política e Consultaría, obtendo o premio extraordinario da USC. Traballou en proxectos de inserción social da Xunta. Inmersa na política desde o ano 2015, participou dos movementos estudiantís na universidade e continúa en organizacións e asociacións de mocidade de temáticas sociais, culturais e feministas.

O Carballal, San Xulián. 42 anos.
Director creativo dunha importante firma con base en Marín.
Emprendedor marinense de recoñecido prestixio, director dunha empresa de paisaxismo con estudo de proxectos, desenvolvemento e dirección de obras de entornos paisaxísticos privados, corporativos e públicos. Recibiu numerosos premios a nivel galego e internacional. Ademáis, é membro da asociación de paisaxistas e arquitectos paisaxistas AEP. Comeza a sua formación como técnico superior en xestión e organización dos recursos naturais e paisaxisticos no 2004 e ao longo da sua traxectoria continúa con formacións específicas para perfecionarse e ser mellor profesional.

Marín, 56 anos.
Analista de riscos empresariais e industriais nun importante grupo asegurador.
Especialista universitario en Xerencia de Riscos e Seguros pola Universidade da Coruña. Comprometido desde moi novo nos movementos sociais, é activista dos ámbitos culturais, lingüísticos, históricos e ambientais, sendo colaborador de diversas asociacións. Dende o ano 2017 é secretario de Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Marín. Exerce tamén de forma puntual de colaborador xornalístico.

Marín, 32 anos.
Traballa na xestión dos recursos mariños no Centro Tecnolóxico do Mar (CETMAR). Participa do Working Group on Economic (WGECON) do International Council for the Exploration of the SEA (ICES).
Graduada en Ciencias Políticas e da Administración, mestrada en Técnicas Estatísticas e en Liderazgo e Comunicación Política, actualmente é Doutorando na xestión dos recursos mariños. Participa activamente en redes e plataformas de investigación para a mellora e preservación do medio mariño, dos seus recursos e das actividades que dependen del.

Mogor, 45 anos.
Traballador da Sanidade Pública no Hospital Montecelo de Pontevedra.
Licenciado en Ciencias Políticas. Analista de política internacional. Colaborador habitual en diferentes medios. Leva case 3 décadas participando activamente en política, en diferentes asociacións culturais e de promoción da lingua."

A Laxe, 41 años.
Administrativa nunha autoescola.
Leva 20 anos implicada na política local. Vinculada ao mundo das motos, forma parte dun clube de motoristas. Actualmente estuda unha oposición.

Cadrelo, Santomé de Piñeiro, 63 anos.
Axente ambiental.
É presidente da Comunidade de Montes de Santomé. Forma parte da Organización Galega de Comunidades de Montes e da Mancomunidade de Montes do Morrazo. Implicado na protección e coidado do medio ambiente, é membro da Plataforma "Eólicos así non"

San Xulián, 58 anos.
Graduada en Historia.
Vinculada a asociacións culturais, impartiu a charla de cultura nas ciclomarchas durante un tempo.
Participou das Anpas moitos anos. Participando da creación dunha federación de Anpas marinenses desde a que loitaron pola construción do IES Mestre Landin. Tamén estivo presente no consello municipal de educación e tamén no de muller.
Por último, é portavoz da plataforma de emigrantes retornados en loita con facenda de Marín-Pontevedra.
Foi concelleira de cultura do BNG nos anos 2007-11.

Ardán, 31 anos.
Traballador do SAF (servizo de axuda no fogar).
Implicado durante anos en diversas asociacións estudiantís e culturais.

Soaxe (Seixo), 43 anos.
Traballadora da limpieza.
Estudou un ciclo medio de Xestión Administrativa. Afiliada ao sindicato CIG dende hai máis de 10 anos.

Marín, 33 anos.
Asesor no Parlamento Europeo.
Comprometido cos movementos sociais, lingüísticos e LGBTQ. Posúe unha Licenciatura e Máster en Historia Contemporánea pola USC, así como un Posgrado en Economía Internacional pola Universitat de Barcelona. Ademais, é licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade de Toulouse (Francia). Leva catro anos entre Marín e Bruxelas, onde traballa como especialista en política comunitaria defendendo os intereses galegos ante a UE.

Marín, 44 anos.
Profesora de Xeografía e Historia.
Antropóloga Social e Cultural. Técnico Superior en Turismo. Emprendedora dentro da área da educación e a investigación social e cultural. Compaxina desde os 20 anos o seu amor pola cultura, a arte e o patrimonio traballando como guía turística internacional. Tamén é guia oficial da Xunta de Galicia. A súa alta vocación social involucroulle profesionalmente na impartición de cursos de formación para a inserción para diferentes colectivos en risco de exclusión social.
Forma parte da Saga (Sociedade antropolóxica galega) e de Agantro (Asociación galega de antropoloxía)

Marín, 51 anos.
Traballador no Sergas.
Con estudos universitarios en Químicas (non rematados) e formación regrada socio-sanitaria. Actualmente é Delegado Sindical da CIG-Saúde no Salnés. Investigador da historia contemporánea do concello de Marín e da Memoria Histórica, autor de varios libros e artigos en revistas e xornais. Colaborador en varios medios de comunicación.

Marín, 19 años.
Estudante de Filoloxía Aplicada Galega e Española na universidade de Vigo.
Veciña de Marín, sempre utilizou o galego como primeira lingua en todos os ámbitos. Participa de organizacións xuvenís e estudiantís e é unha moza especialmente concienciada co feminismo e coa normalización lingüística do galego.

Ardán, 39 anos.
Vixiante de Seguridade.
Colabora activamente coa plataforma en defensa da Sanidade de Seixo e con colectivos musicais.

Marín, 40 anos.
Nutricionista.
Estudiou un ciclo medio de auxiliar administrativo e traballou do mesmo no Sergas.
En Alicante foi onde cursou estudos universitarios de Nutrición Humana e Dietética, e un mestrado en Envellecemento Activo e Saudábel.
Actualmente, ten o seu propio centro (nas galerías real), onde exerce de nutricionista.
Ademáis, é competidora a nivel internacional do deporte adaptado boccia.

Seixo, 68 anos.
Capitán de pesca xubilado.
Malia non participar de ningunha asociación en defensa da lingua, é un férreo defensor dela. Membro da CIG dende case os inicios do sindicato e sempre un forte activista na defensa dos dereitos dos/as traballadores/as. A súa vida estivo ligada sempre ao mar, dende os 15 anos ata a súa xubilación.

Seixo, 49 años.
Traballadora do sector da limpeza.
Dende os 15 anos traballou no sector da limpieza e dos coidados de nenos e persoas maiores. Lectora incansábel, a lectura é o seu maior pracer xunto co deporte. Obtivo o certificado de nivel B2.2 en inglés. Actualmente traballa nun restaurante como parte do personal da cociña, concretamente como limpadora.

Marín, 79 años.
Xubilada.
Sempre loitando pola súa independencia e seus dereitos. Traballou durante anos como pantaloneira para dúas sastrerías e texendo roupa de bebé para unha firma de Pontevedra. Posteriormente rexentou un quiosco durante 13 anos. Actualmente pertence á asociación Polos nosos dereitos sendo a primeira vocal, dende onde continúa a loitar polos dereitos das persoas con discapacidade.

Marín, 71 anos.
Técnico de banca xubilado.
Participou de distintas asociacións culturais e sociais ao longo da súa vida. Ex-concelleiro portavoz do BNG, 1979/1993.
Presidente da Asociación de Propietarios de Montes do Morrazo (APPM)

Marín, 48 anos.
Ama de casa, ao coidado de familia maior.
É activista e defensora dos dereitos dos animáis.

Bagüín, 57 anos.
Funcionario do Concello.
Un home que leva moitos anos na militancia e loitando sempre en prol do benestar da xente de Marín.

San Pedro, 49 anos.
Limpadora do fogar e ama de casa.
Activista na defensa da sanidade pública. Participa con entidades da defensa dos animais. Loitadora incansábel dos dereitos da cidadanía.

Marín, 41 anos.
Operario de producción en automoción.
Delegado sindical, ademais de firme defensor dos servizos públicos e os dereitos laborais. Gran deportista, practica natación a grandes distancias por mar.

Ardán, 64 anos.
Técnico superior en educación infantil, actualmente xubilada.
Traballou durante 34 anos na gardería do Instituto Social da Mariña (casa do mar), logo na residencia de maoires e, por último, no IES Chan do Monte.
Socia do Ateneo Santa Cecilia, no que tivo un programa de radio de música pola noite.
Militante da CIG e BNG, participou en varias candidaturas e foi responsábel no Consello Municipal da Muller.
Colabora coa Protectora de animais do Morrazo.

Santomé, 55 anos.
Contable.
Traballador dunha xestoría. Colabora con diferentes entidades veciñais e deportivas. Foi concelleiro no 2015 levando a área de deportes.

Marín, 71 anos.
Xubilada.
Traballou de peixeira e de limpadora.
Toda unha vida de reivindicación das melloras dos dereitos da cidadanía.