O BNG reforza o seu compromiso cun Marín aberto ao mar coa visita de Néstor Rego

A visita de Néstor Rego terá lugar o vindeiro luns, 17 de marzo ás 13:00h, xunto á dársena do paseo Alcalde Blanco

O BNG reforza o seu compromiso cun Marín aberto ao mar coa visita de Néstor Rego

O deputado do Bloque Nacionalista Galego (BNG) no Congreso, Néstor Rego, visitará Marín o próximo luns, 17 de marzo ás 13:00 horas, nun acto simbólico que terá lugar xunto á dársena do paseo Alcalde Blanco. A visita enmárcase no traballo político que a organización nacionalista está a desenvolver no municipio, orientado a construír un modelo de vila máis habitable, integrada e aberta ao mar.

Este encontro pretende dar visibilidade ao traballo que o BNG está desenvolvendo desde a oposición con propostas claras e unha firme vontade de transformación urbana, apostando pola recuperación de espazos para a veciñanza e por un urbanismo pensado para as persoas.

A presenza de Néstor Rego supón tamén un respaldo do conxunto da organización ás reivindicacións que se están a impulsar dende Marín, reforzando unha liña de traballo centrada na construción dunha vila máis viva, con identidade propia e cunha relación harmónica co seu litoral.

O BNG reforza o seu compromiso cun Marín aberto ao mar coa visita de Néstor Rego