Luz verde no Congreso á iniciativa do BNG para impulsar o proxecto “Abrir Marín ao mar”
O Congreso avala a proposta presentada polo BNG para a cesión dos espazos en desuso do Porto de Marín e os infrautilizados da Escola Naval para ampliar os espazos públicos e zonas verdes dispoñíbeis para a veciñanza
O deputado do BNG, Néstor Rego, sinala que esta proposta é unha posta en valor da esencia mariñeira de Marín e contribuirá para mellorar a calidade de vida: “o Goberno non se pode volver a negar a ceder os terreos, o Congreso falou”