Radioloxía é irrenunciábel

21754383_1215289221949977_219396231_n
21754383_1215289221949977_219396231_n
Hai uns días a Xunta anunciou as súas intencións de prescindir do prometido servizo de Radioloxía no novo Centro de Saúde de Marín.
Radioloxía é irrenunciábel
O motivo alegado desde o Sergas é que o Centro de Saúde Virxe Peregrina de Pontevedra está moi preto de Marín, polo que consideran que os/as marinenses podemos achegarnos até alí sen maior problema.
 
Cando desde a Xunta se prometeu dotar ao novo Centro de Saúde de Marín co servizo de Radioloxía o Virxe Peregrina xa estaba alí, polo que non hai novos motivos que xustifiquen un cambio de postura.
 
O servizo de Radioloxía foi unha promesa ao pobo de Marín, polo que desde o BNG de Marín consideramos irrenunciábel a súa instalación.
 
En relación con este tema o BNG formulou unha pregunta no Pleno celebrado o pasado mércores día 11. Ao contrario do que din desde a Xunta, a alcaldesa María Ramallo prométenos que teremos "Radioloxía nun curto espazo de tempo", aínda que non sabe cando. Esperemos que as súas "xestións" en relación con este tema sexan máis fructíferas que no caso da ambulancia 24 horas, que lembramos foi recurtada pola Xunta e aínda carecemos dela pola noite.
 
Desde o BNG de Marín consideramos unha burla esta marcha atrás e non deixaremos de reclamar e loitar polo servizo de Radioloxía no Centro de Saúde, tal e como se lle prometeu ao pobo de Marín.
Radioloxía é irrenunciábel