Solicitamos campaña para a receclaxe

IMG-20201205-WA0001
IMG-20201205-WA0001
Solicitamos campaña para a receclaxe

A portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos, deu traslado no pasado pleno municipal, de queixas veciñais polo mal uso dos puntos de lixo e a súa incorrecta utilización.

Lamentábelmente, empeza a facerse habitual en Marín a imaxe de contedores de lixo botando por fóra ou con residuos depositados no contedor que non corresponde.

Actualmente, é innegábel a importancia de reciclar e deberíamos ser plenamente conscientes de que está nas nosas mans actuar con responsabilidade e colaborar na conservación e coidado do medio ambiente pero, a realidade é que non sempre se fai ben.

Coa cantidade de residuos que se xeneran diariamente a día de hoxe, é de gran importancia saber facer unha correcta clasificación e depositar o lixo no contedor correspondente.

É por isto, que dende o BNG solicitamos ao goberno municipal que se leve a cabo unha campaña de sensibilización para a correcta reciclaxe.

Si ben somos conscientes de que ésta é unha responsabilidade individual, tamén é certo que as administracións públicas teñen a responsabilidade de concienciar á veciñanza cando un servizo non se está realizando como se debería.

Solicitamos campaña para a receclaxe