Bautista Álvarez en Marín

21751788_1216806661799499_3033795139483324891_n
Bautista Álvarez en Marín

No BNG estamos de loito polo pasamento do compañeiro Bautista Álvarez, histórico dirixente nacionalista e referente do nacionalismo contemporáneo.

Bautista Álvarez en Marín
Bautista Álvarez foi  Deputado no Parlamento galego durante as Lexislaturas III, IV, V e VI. e  un dos principais impulsores da reorganización nacionalista que entregou a súa vida á causa da liberación nacional e social do pobo galego e que o fixo con lucidez, determinación e coherencia, ata o final.
 
Bautista Álvarez uniuse de moi novo á loita en defensa da Galiza e contra a ditadura franquista e foi un dos principais impulsores da reorganización do nacionalismo galego nos anos 60 que deu lugar á fundación da Unión do Povo Galego en 1964 e en 1982 do Bloque Nacionalista Galego.
 
Dirixente de firmes conviccións patrióticas e de sólida formación marxista, as súas achegas foron fundamentais para ir conformando as análises e as alternativas políticas do nacionalismo contemporáneo.
 
Militante activo sempre, non foi alleo a Marín onde colaborou en diferentes actos políticos.
 
Bautista Álvarez ficará sempre na nosa memoria colectiva.
Bautista Álvarez en Marín