O BNG continua coa campaña de recollida de sinaturas por unha sanidade presencial
Este mércores 3 de marzo iniciaremos un reparto polos comercios de Marín do noso modelo de recollida de sinaturas, e o día seguinte, xoves 4, estaremos no mercado para que todas as persoas que o desexen podan asinar a petición.
Este mércores 3 de marzo iniciaremos un reparto polos comercios de Marín do noso modelo de recollida de sinaturas, e o día seguinte, xoves 4, estaremos no mercado para que todas as persoas que o desexen podan asinar a petición.
A pesares das dificultades que a situación sanitaria implican a acollida ás nosas iniciativas está sendo moi boa por parte da veciñanza de Marín. Estamos aproveitamos estas actuacións para recoller información de primeira man das queixas e situacións no día a día da atención sanitaria.
Constatamos a indignación e o cansazo da xente por ter unha sanidade telefónica e deshumanizada que atrasa a atención das doenzas e da prescrición das receitas, así como a derivación a un especialista para as patoloxías máis importantes.
Tamén podemos comprobar que o Sergas xa está contestando ao noso modelo de reclamación onde demandamos a atención presencial e máis e mellores medios materiais e humanos para o centro de saúde. Unha contestación tipo que non da satisfacción ás nosas demandas e non responde ás cuestións solicitadas no escrito.
Aínda que a resposta ás nosas reclamacións non sexa a esperada, confiamos en que o Sergas tome canto antes medidas. De non ser así, o BNG seguirá solicitando unha atención presencial e a eliminación das listas de agarda para ser atendidos polo persoal médico, como queren os veciños e veciñas de Marín.