Presentación 8M Retrato de Mulleres
Presentación pública da campaña da Comisión da Muller do BNG, 8M Retrato de Mulleres.
O BNG de Marín a través da comisión da muller presenta para este 8 de marzo unha pequena homenaxe ás mulleres de Marín, a través dun álbum titulado ” 8M retrato de mulleres”, no que facemos un percorrido por toda a xeografía marinense, atopando mulleres de distintas clases sociais, oficios, cunha liña no tempo que vai dende o século XIX ata as mozas de hoxe en día, facendo paradas en mulleres recoñecidas e outras aínda anónimas, pero todas elas silenciadas polo patriarcado.
Dito álbum presentase á sociedade o mércores 3 de marzo nun acto simultáneo, por unha banda no local da Veiguiña coa presenza dalgunhas das protagonistas, á vez que comezan a colgarse na web e nas redes sociais os retratos destas mulleres, que rematará o 31 de marzo tras mostrar as vinte nove historias.
Seguimos coa nosa folla de ruta, e a seguinte parada será o xoves 4 de Marzo que sairemos a rúa a colocar carteis coas historias destas mulleres bravas, polas prazas máis emblemáticas da nosa vila compartindo espazo e loita coas asociacións feministas de Marín.
Tamén lanzaremos vídeos das membras do BNG apoiando a folga deste 8M, a piques de cumprir un ano do confinamento pola crise socio sanitaria, as mulleres puidemos comprobar como seguen confinados os noso dereitos, por iso este 8 M con novas medidas, sairemos ás rúas ben desinfectadas para rematar co vello virus do patriarcado.