O BNG convoca unha nova concentración pola Sanidade Pública o xoves 28 de abril
O BNG volve convocar unha concentración pola sanidade pública o vindeiro 28 de abril, ás 11:30h diante do Centro de Saúde de Marín.
Lucía Santos fai un chamamento para “animar á cidadanía a asistir á concentración como mostra de denuncia social ante a política de recortes e privatizacións que o PP leva aplicando na sanidade pública.”