O BNG retoma as concentracións en defensa da Sanidade Pública

IMG-20220121-WA0008

O BNG fai un chamamento á veciñanza para asistir á CONCENTRACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA o vindeiro xoves, 27 de xaneiro ás 11:30h, diante do Centro de Saúde de Marín

Lucía Santos afirma que “a situación na que se atopa a sanidade pública é o resultado da política de recortes e privatización que vén aplicando o goberno de Feijoo durante os últimos doce anos."

O BNG retoma as concentracións en defensa da Sanidade Pública

No inicio da pandemia da COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións quirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.

As consecuencias son desastrosas e dous anos despois do inicio da pandemia a situación da atención sanitaria é desastrosa. O persoal sanitario é escaso e está traballando en precario coa consecuencia de listaxes de espera de semanas, mesmo para consultas telefónicas, persoas con doenzas crónicas como diabetes, hipertensión ou cardiopatías non están recibindo a atención presencial precisa.

Actualmente, a situación sanitaria provocada pola COVID está afectando gravemente ao persoal sanitario causando baixas que tiveron como consecuencia o peche do Punto de Atención Continuada (P.A.C.) sen persoal facultativo para atender as urxencias durante varios días, tendo que derivar á veciñanza aos ambulatorios de A Parda ou Bueu para poder ser atendidos por persoal médico. Ademais disto, o persoal de médicos de familia tamén están traballando baixo mínimos, con baixas que non se están cubrindo e causando unha demora de máis de unha semana para obter unha cita médica anque sexa telefónica. Esta situación podería terse evitado si dende o SERGAS atenderán as demandas que os propios traballadores/as levan demandando dende hai meses.

Mais segundo manifesta a portavoz municipal, Lucía Santos, “todo isto non é consecuencia da pandemia nin dunha toma de decisión errada. A situación na que se atopa a sanidade pública é o resultado da política de recortes e privatización que vén aplicando o goberno de Feijoo durante os últimos doce anos. Unha clara liña política que o único que se pretende é desmantelar a sanidade pública para engrosar os beneficios da sanidade privada.”

Lucía Santos asegura que “non debemos esquecer que María Ramallo tamén é cómplice deste desmantelamento, antepoñendo sempre os intereses privados do seu partido ante a defensa dos servizos sanitarios que afectan á veciñanza de Marín. María Ramallo non pode seguir negando a situación de colapso que está padecendo a atención primaria.”

Por todo isto, o BNG fai un chamamento á veciñanza para asistir á CONCENTRACIÓN POLA SANIDADE PÚBLICA o vindeiro xoves, 27 de xaneiro ás 11:30h, diante do Centro de Saúde de Marín e cumprindo coas medidas sanitarias de prevención.

O BNG retoma as concentracións en defensa da Sanidade Pública