O BNG chama á asistencia masiva na mobilización en defensa da sanidade pública

20211208_132708-1

O BNG chama á veciñanza de Marín a participar na movilización por unha atención sanitaria digna convocada pola Plataforma pola defensa do centro de saúde de Seixo, que terá lugar este domingo 13 de febreiro no Centro de Saúde de Marín ás 12h.

O BNG chama á asistencia masiva na mobilización en defensa da sanidade pública

No inicio da pandemia da COVID-19, a Xunta tomou a decisión de reducir drásticamente a asistencia presencial, o peche de consultorios, restrinxir consultas, probas diagnósticas e intervencións quirúrxicas nos hospitais. A decisión que tomou o SERGAS foi apostar preferentemente pola consulta telefónica.

As consecuencias son desastrosas e dous anos despois do inicio da pandemia a situación da atención sanitaria é lamentábel. Falta de persoal, servizo de pediatría saturado, longas listas de espera para fisioterapia ou dentista e o desmantelamento progresivo do Centro de saúde de Seixo, son algúns dos exemplos de como a Xunta de Galiza vai castigando á veciñanza coa excusa da COVID.

Feijoo leva 12 anos recortando e privatizando servizos na sanidade pública e este é o resultado. Marín non é un caso aillado, Moaña, Cangas, Sanxenxo, Vigo, Tomiño ou Lalín súmanse á lista de concellos afectados polos recortes na sanidade pública. A situación da atención primaria é o resultado da política do PP que só busca desmantelar a sanidade pública para beneficiar á privada xogando con algo tan importante como é a nosa saúde.

Após o traballo do BNG nas institucións locais e autonómicas, dende o BNG denunciamos o desmantelamento da sanidade pública co único obxectivo de favorecer á sanidade privada, folla de ruta do Partido Popular na Xunta de Galiza, e sumaremos forzas co conxunto da veciñanza, na xornada de loita que percorrerá a comarca do Morrazo este domingo, como facemos no conxunto do país como integrantes da Plataforma SOS Sanidade Pública.

O BNG chama á asistencia masiva na mobilización en defensa da sanidade pública