Solicitamos a limpeza do carril bici das praias

IMG-20201201-WA0014
Na comisión de urbanismo celebrada onte, a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou unha queixa veciñal polo estado no que se atopa o carril-bici dende Mogor a Aguete.

O carril atópase totalmente cuberto por follas dos eucaliptos polo que é totalmente intransitábel, e no caso de facelo, resulta moi perigoso por tropezos ou esbaramentos.

Por isto, o BNG solicitou que se leve a cabo a limpeza da senda ciclista. Non é a primeira vez que se dá traslado pola acumulación de maleza pola senda das praias polo que dende o Goberno Municipal deberían intensificar a limpeza e bo estado, mais aínda nas actuais circunstancias causadas pola pandemia que estamos a vivir, polo que se intensificou a práctica de deporte ao aire libre.

As administracións públicas deben promover o deporte e os hábitos saudábeis para a poboación, polo que cómpre dispoñer de medios e instalacións axeitadas, así como resulta imprescindíbel o continuo mantemento das mesmas, porque do contrario, serven de ben pouco, xa que na práctica dificultan ou imposibilitan a práctica deportiva.

Solicitamos a limpeza do carril bici das praias