O parlamentario do BNG Paulo Ríos da conta dos orzamentos da Xunta para Marín
O BNG de Marín mantivo unha xuntanza de traballo do deputado Paulo Ríos para tratar sobre os Orzamentos da Xunta do 2021
Este martes, 1 de decembro, mantivemos unha xuntanza co parlamentario galego Paulo Ríos para tratar sobre os orzamentos da Xunta de Galiza para o ano 2021.
Fomos informados das partidas orzamentarias consignadas directamente para Marín, e valoramos que son insuficientes. No BNG de Marín estamos traballando para presentar emendas con propostas que consideramos necesarias para o noso concello.