O BNG reclama unha accesibilidade real nas praias
Lucía Santos considera que actuacións como a executada na praia de Mogor supoñen un avance, pero resultan insuficientes para garantir unha accesibilidade efectiva. Reclama completar as intervencións en todas as praias con pasarelas ata a beira do mar, cadeiras anfibias e outras medidas que permitan un uso real e autónomo dos areais.