O BNG aplaude a declaración das praias como espazos libres de fume mais critica a incoherencia do PP

Lago2
Lucía Santos, portavoz municipal do BNG de Marín

Lucía Santos afirma que é unha “proposta encamiñada a promover un estilo de vida saudábel e a sensibilizar á veciñanza en relación coa necesidade de respectar e coidar o medio ambiente”

Santos pide “un pouco de rigor ao PP á hora de analizar as propostas da oposición. O PP rexeitou a proposta (en 2021) porque era unha iniciativa do BNG, e agora dase conta de que é unha boa medida.”

O BNG aplaude a declaración das praias como espazos libres de fume mais critica a incoherencia do PP

En xuño de 2021, o BNG de Marín presentou unha proposta na Comisión de Medio Ambiente para declarar todos os areais marinenses como espazos libres de fume, que foi rexeitada polo PP. Tan só dous anos despois o PP muda a súa postura e dá a razón ao BNG.

O BNG aplaude a declaración das praias como espazos libres de fume, unha “proposta encamiñada a promover un estilo de vida saudábel e a sensibilizar á veciñanza en relación coa necesidade de respectar e coidar o medio ambiente”, en palabras da portavoz municipal do BNG de Marín, Lucía Santos.

Lucía Santos afirma que “o tabaco non ten nin un só efecto beneficioso para a saúde e causa a morte de máis de 50.000 persoas cada ano no estado español, amais de provocar numerosas enfermidades e uns custes moi elevados para o sistema de saúde.”

Por outra banda, é unha medida enfocada a loitar contra a contaminación que provocan as cabichas nos areais e mares, o residuo tóxico que máis abunda nas praias e costas.

Lucía Santos lembra que “é un problema de contaminación medioambiental grave, xa que estes residuos conteñen até 400 substancias tóxicas e tardan uns dez anos en degradarse, supoñendo un problema para o mantemento do bo estado das praias e dos mares”. E engade que “estes tóxicos afectan á flora e a fauna, e poden pasar ao noso organismo a través da cadea de alimentación”.

Estamos a falar, pois, dunha proposta razonábel e necesaria. Mais para o BNG resulta moi difícil de entender que esta mesma proposta fora rexeitada polo PP hai tan só dous anos. Lucía Santos pide “un pouco de rigor ao PP á hora de analizar as propostas da oposición. O PP rexeitou a proposta porque era unha iniciativa do BNG, e agora dase conta de que é unha boa medida.”

O BNG aplaude a declaración das praias como espazos libres de fume mais critica a incoherencia do PP