Xuntanza en Miñán para tratar diversas problemáticas do lugar.

índice
Unha representación do BNG mantivo unha xuntanza no lugar de Miñán para intercambiar coa veciñanza sobre diversos problemas da zona.
Xuntanza en Miñán para tratar diversas problemáticas do lugar.

A agrupación do BNG de Marín arrincou o novo ano co compromiso de seguir traballando para dar voz á veciñanza e dar traslado das necesidades que sexan precisas para mellorar os servizos do noso concello, polo que o pasado día 2, a agrupación nacionalista mantivo unha xuntanza veciñal no núcleo de Miñán, para recoller as demandas do lugar.

Entre as propostas que foron trasladadas, cabe destacar a solicitude de arranxo do asfaltado que presenta múltiples fochancas e dificulta o acceso e a mellora da iluminación que resulta insuficiente para o número de vivendas da zona.

Isto foi trasladado por parte da veciñanza en varias ocasións ao goberno municipal, e despois de meses seguen si ter resposta a estas melloras que resultan de primeira necesidade.

Dende o BNG acadouse o compromiso de trasladar as peticións veciñais e ser tratadas na corporación municipal.

Xuntanza en Miñán para tratar diversas problemáticas do lugar.