Propostas do BNG de apoio ao sector da hostalaría en Marín

2021013011002586290
O BNG propón un plano de apio ao sector ante as novas medidas previstas pola Xunta de Galiza
Propostas do BNG de apoio ao sector da hostalaría en Marín

O presidente da Xunta de Galiza, vén de anunciar que se está estudando a implantación de novas medidas sanitarias para aplicar no sector da hostalaría na súa próxima apertura, para levar o control de rexistro de clientes e así actuar con maior rapidez na detección de contaxios por coronavirus.

É por isto, que a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou á Comisión de Comercio celebrada este pasado mércores 17 de febreiro, unha solicitude para que o goberno municipal comece a traballar en plans de apoio directo para axudar na instauración das novas medidas.

A proposta que plantexa o BNG, consiste na dotación de apoio económico para a implantación dos códigos QR nos locais, cursos de formación para o funcionamento dos mesmos, ou cartaces e material informativo para consultar o aforo dos locais.

A portavoz municipal do BNG, lembra que no vindeiro mes de marzo, cumprirase xa un ano dende o primeiro confinamento, e a situación que están sufrindo tanto a hostalaría como o mediano e pequeno comercio é moi delicado, tendo que soportar con negocios pechados ou restriccións de horarios e aforos.

Estamos ante unha situación económica moi grave, na que cómpre poñer todos os medios precisos para paliar a crise económica e social derivada da pandemia. Polo que o BNG considera imprescindíbel a colaboración de todas as institución para investir nos sectores máis perxudicados e colaborar en todo o que sexa preciso.

Propostas do BNG de apoio ao sector da hostalaría en Marín