Mil primaveras mais para Rosalía!

IMG-20210222-WA0004
Mil primaveras mais para Rosalía!

O 24 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, data na que se conmemora o nacemento da nosa mais insigne e internacional escritora. Rosalía de Castro foi unha precursora escribindo as súas obras en lingua galega, reflectindo a situación política, lingüística e cultural do momento e unha pioneira no movemento feminista.

É por isto que dende o BNG de Marín sumarémonos ao gran número de actos de homenaxe que terán lugar ao longo da xeografía galega con motivo de tal efeméride e realizaremos unha serie de actividades para celebrar e dar difusión á figura de Rosalía e a súa obra.

Dada a situación de pandemia na que nos atopamos, os actos non poderán ser presenciais, polo que o BNG celebrará esta data con actividades virtuais, difundindo textos e imaxes da nosa ilustre autora nas redes sociais, actividade que se ven desenrolando desde hai xa varios días. Ademais, publicarase un vídeo durante a mañá do 24 de febreiro no que compañeiros e compañeiras do BNG de Marín recitan o poema “Alborada”.

Rosalía ergueu en vida a bandeira da nosa dignidade nacional e é hoxe a nosa principal figura. Para o pobo galego, o símbolo principal da nosa vontade de ser. Muller combativa, feminista, moderna e libre. Sempre leal ao seu pobo, Rosalía é luz para un futuro noso e mellor.

Desde o BNG de Marín animamos á cidadanía a coñecer e compartir a obra Rosaliana e, deste xeito, continuar manténdoa viva.

Mil primaveras mais para Rosalía!

Mil primaveras mais para Rosalía!