NOVA ACCIÓN DO BNG DO MORRAZO DENTRO DA CAMPAÑA SOCIAL PARA QUE O GOBERNO DO ESTADO APLIQUE XA AS REBAIXAS NA AP 9

Acción do BNG do Morrazo pola rebaixa da peaxe da AP9

IMG-20210213-WA0012

O BNG do Morrazo vén de desenvolver unha acción simultánea nos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa enmarcada na campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE.

Acción do BNG do Morrazo pola rebaixa da peaxe da AP9

O BNG do Morrazo vén de desenvolver unha acción simultánea nos concellos de Bueu, Cangas, Marín, Moaña e Vilaboa enmarcada na campaña social co obxectivo de conseguir que o Goberno español active as rebaixas da AP9 comprometidas no acordo de investidura asinado entre BNG e PSOE.

A acción consistiu na colocación de faixas co lema “AP 9, BASTA DE ALDRAXE A GALIZA!, en lugares moi visibles de cada unha das localidades. Preténdese con esta acción concienciar á veciñanza do Morrazo da discriminación da que vén sendo obxecto ao ter que aboar unhas peaxes que , lonxe de baixar, fan da AP 9 a autoestrada que por cuarto ano consecutivo máis subía de todo o Estado español.

O acordo de investidura asinado entre o BNG e o PSOE recollía a bonificación das peaxes nun prazo de seis meses, e coas partidas incorporadas xa nos Orzamentos Xerais do Estado, non é de recibo que a estas alturas non estea publicado o Decreto que desenvolva e aplique as medidas consensuadas.

Cada mes que pasa sen a bonificación das peaxes, o sector do transporte e a veciñanza en xeral, vese s ometida a unha aldraxe que debe rematar de xeito inmediato. Unha inxustiza que lastra a economía de moitas familias e limita o desenvolvemento do noso país.

O BNG ten un compromiso coas galegas e galegos e só a elas se debe. De aí que fose pioneiro no traballo relativo a transferencia da AP9, tanto desde a mobilización social como o traballo institucional, conseguindo a unanimidade no Parlamento da Galiza. E máis recentemente conseguindo que se votase no Congreso dos deputados e deputadas a toma en con sideración desa lei, que se debe tramitar de xeito inmediato.

Nese compromiso coas galegas e galegos fundamentouse o voto en contra a uns OXE que castigan ao noso País cunha baixada de 104 millóns de euros en relación aos orzamentos do PP de 2018.

O problema non está en coincidir no sentido do voto cando os obxectivos e os fins dese voto son diametralmente opostos. O problema xorde cando se unen os votos á dereita e á extrema dereita buscando un fin común como pode ser negarlle ao parlamento investigar a s presuntas irregularidades cometidas por El Rei Emérito. Ou cando se vive na permanente esquizofrenia de votar unha cousa no parlamento da Galiza e o contrario no parlamento español.

O BNG do Morrazo continuará coa campaña social para lograr este obxectivo crucial para todos e todas, pese a quen pese. E seguirá desenvolvendo accións, tanto no plano social coma institucional, ata que este aldraxe desapareza.

Acción do BNG do Morrazo pola rebaixa da peaxe da AP9