O BNG COVOCOU UNHA NOVA CONCENTRACIÓN DIANTE DO CENTRO DE SAÚDE DE MARÍN PARA RECLAMAR UNHA ATENCIÓN PRESENCIAL.
Nova concentración no Centro de Saúde
29 out. 2020 - 17:32
Este xoves 29 de outubro xuntámonos diante do centro de saúde de Marín para demandar melloras na atención primaria. Queremos unha atención presencial e que rematen as listas de agarda para ser atendido polos profesionais médicos ou de enfermaría.
Tamén comezamos unha campaña de recollida de sinaturas que se desenvolverá durante as próximas semanas.