O BNG DE MARÍN REXEITA A INTENCIÓN DO GOBERNO E DE CORREOS DE FECHAR A OFICINA DE CORREOS.

Moción do BNG contra o feche da oficina de Correos

IMG_20201111_083835
IMG_20201111_083835

O goberno central, nunha resposta ao un senador de Compromís, asegurou que Correos está estudando o peche ou "reestruturación" de sete oficinas de correos no estado español. Unha delas sería a de Marín. Para o BNG isto é inadmisíbel e non o podemos consentir, polo que presentamos unha moción de urxencia demandando o pronunciamento do Pleno do Concello de Marín.

Moción do BNG contra o feche da oficina de Correos

Tivemos coñecemento pola publicación nun medio de comunicación dixital, Pontevedra Viva, da intención do goberno central de estudar o peche da oficina de correos de Marín.

En resposta a unha pregunta por escrito formulada por un senador de Compromís o goberno do estado recoñeceu que están estudando o peche ou “reestruturación” de varias oficinas de correos en diversas localidades. Entre estas localidades afectadas está Marín.

Segundo o goberno, Correos debe adaptar os seus recursos ás “necesidades cambiantes” da sociedade, e facelo con criterios de obxectividade e eficiencia para garantir un servizo postal “universal”. Bonita forma de xustificar o feche de oficinas de correos, cando o que está detrás é un criterio de aforro económico sen importar a calidade do servizo prestado.

Hoxe temos que desprazármonos a Pontevedra para facer a maior parte das xestións diante dos organismos públicos. Para ir ao hospital, á oficina de emprego, á Seguridade Social, á Facenda ou a pagar as multas de tráfico do concello de Marín. Un concello da importancia e entidade como o noso non pode permitirse o luxo de perder un servizo público máis se non quere ficar convertido nunha vila dormitorio.

Desde o BNG consideramos que Marín non pode pasar por isto, non pode transformarse nun concello de segunda categoría sen servizos públicos. Os servizos públicos son fundamentais para garantir a calidade de vida das persoas, e o servizo que presta Correos é un servizo fundamental que debe ser garantido. Sen servizos públicos acrecéntase o éxodo de poboación, como esta acontecendo na Galiza interior, e como por desgraza acontece en Marín onde a perda de poboación é unha constante nos últimos anos.

Preocupados por esta mala nova presentamos para o seu tratamento con carácter urxente no próximo pleno da corporación unha moción propoñendo un pronunciamento claro e contundente rexeitando a posibilidade dun feche da oficina de correos de Marín, así como a remisión destes acordos ao goberno central e á Sociedade Estatal Correos y Telégrafos.

 

Texto da Moción

mocion1

mocion2

Moción do BNG contra o feche da oficina de Correos