O BNG PRESENTOU VARIAS INCIATIVAS NO CONGRESO PARA REBAIXAR AO 10% O IVE DOS SALÓNS DE PEITEADO, ESTÉTICA E BARBERÍAS
Campaña para demandar a baixada do Ive aos salóns de peiteado
O BNG DE MARÍN DEFENDE CUNHA CAMPAÑA DE APOIO, A BAIXADA AO 10 % DO IVE EN SALÓNS DE PEITEADO, ESTÉTICA E BARBERÍAS
Dende o BNG de Marín defendemos ao sector adicado á salón de peiteado, cunha campaña de apoio por tódolos negocios existentes na vila. Sabemos ben da problemática deste sector que dende o ano 2012 en plena crise económica, pagou as consecuencias dunha inxusta decisión do Goberno do PP, aprobaron unha suba do IVE que foi do 8% ao 21% de IVE, de modo que os salóns de peiteado e estética tiveron que facer fronte a un incremento de 13 puntos dun día para outro. Debido á baixada do consumo naquel momento de inestabilidade económica o sector decidiu manter os prezos estábeis, e non facerlle pagar a suba a clientela, xa que naqueles momentos o goberno de Rajoy prometeu que era unha suba temporal para este sector.
Nove anos despois o sector segue soportando o IVE AO 21%, que é o tipo impositivo máis alto, todo isto sumado a actual e profunda crise económica derivada da COVID19. As restricións horarias, as limitacións á mobilidade, a redución do aforo, e a minguada capacidade adquisitiva de usuarios e usuarias, fan que manter as portas abertas sexa un desafío todos os días.
A pesar de que durante o máis duro do confinamento, en pleno Estado de alarma, os salóns de peiteado foron consideradas unha actividade esencial e seguiron abertas dando un servizo público, non encontraron nos Gobernos a axuda que necesitaban, e viron denegada a única medida que reclamaban de forma urxente para poder seguir abrindo todos os días: a baixada do IVE a 10%. Efectivamente, as peiteadoras e peiteadores cumpren unha importante función social, pois, ademais da estética, encárganse de atender as necesidades de moitas persoas dependentes ou de avanzada idade para as que o lavado de cabelo e peiteado non é vaidade, é hixiene.
É de xustiza baixar o IVE, xa que ademais dos motivos expostos anteriormente, debemos engadir que coas actuais restricións horarias, os salóns de peiteado poden seguir co seu horario habitual porque son servizos esencias, polo que un servizo considerado esencial no pode pagar un IVE xeneral, precisa un IVE reducido do 10%.
No pobo de Marín, igual que nas restantes localidades, o sector do salón de peiteado pagou ás tremendas consecuencias das nefastas decisións políticas, decisións que non pensan no pobo, solo no seu afán recordatorio, sen impórtalle ver como durante estes nove anos, moitas mulleres e homes adicados a este sector tan vulnerable, colgaban o cartel de pechado, traspasase, alugase… víanse na obriga de despedir ao súas empregadas/os ou con sorte reducirlle a xornada, soportando grandes cargas de traballo en solitario para conseguir algo tan digno como o seu propio salario.
A nivel Nacional, o BNG despois de reunirse con representantes do sector, e ante tales inxustizas actúa con contundencia presentando dita baixada do IVE ao Congreso dos Deputados, primeiro cunha emenda nos Orzamentos do Estado, que foi rexeitada polo voto negativo dos dous partidos do Goberno, PSOE e Podemos. Agora a través dunha nova iniciativa, da que esperemos obter unha resposta positiva e a definitiva baixada do IVE.