O BNG informa das iniciativas trasladadas para Miñán

IMG-20210306-WA0005

Nesta xuntanza, Lucía Santos deu traslado á veciñanza das xestións realizadas polo BNG en relación a diferentes peticións de melloras de servizos no lugar, e que foron trasladadas polos veciños e veciñas nunha anterior xuntanza celebrada o pasado mes de xaneiro."

O BNG informa das iniciativas trasladadas para Miñán

Este pasado sábado 6 de marzo, o BNG de Marín celebrou unha xuntanza veciñal no núcleo de Miñán, na parroquia de Santomé, na que participaron Lucía Santos, Portavoz Municipal, e Jessica Souto, Responsábel Local, acompañadas dun grupo de representantes da organización nacionalista.

Nesta xuntanza, Lucía Santos deu traslado á veciñanza das xestións realizadas polo BNG en relación a diferentes peticións de melloras de servizos no lugar, e que foron trasladadas polos veciños e veciñas nunha anterior xuntanza celebrada o pasado mes de xaneiro.

A Portavoz Municipal informou da moción tratada no pasado pleno municipal do mes de febreiro, e aprobada por unanimidade, na que se solicitaba o arranxo do asfaltado do lugar e melloras da iluminación da zona. Esta moción foi acompañada por máis de medio cento de sinaturas recollidas pola veciñanza do lugar, coas que solicitaban ademais, que se leven a cabo melloras de servizo de internet, xa que non dispoñen de fibra óptica e o servizo de internet é pésimo.

Ademais disto, Lucía Santos informou á veciñanza da solicitude do BNG, trasladada á Comisión de Medio Rural, solicitando a rehabilitación do ” Lavadoiro das Preguntas”, xa que se atopa nun estado lamentábel, sendo este un ben de interés etnográfico.

E xa por último, a Portavoz Municipal do BNG de Marín trasladou “o compromiso do BNG de Marín de seguir traballando para acadar melloras no rural do noso concello e para un maior benestar e calidade de vida da veciñanza do rural.”

O BNG informa das iniciativas trasladadas para Miñán