25 DE NOVEMBRO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA AS MULLERES.
Posicionamento do BNG ante os Premios Violeta que entrega o Concello de Marín.
Dende o BNG de Marín queremos manifestar a nosa posición negativa aos premios lazo violeta 2020 do concello de Marín, e amosarlle á veciñanza de Marín as razóns da negativa a dito premio.
En primeiro lugar especificar que é un premio a diversos colectivos que traballan para levar a cabo o procedemento nunha denuncia de violencia de xénero en tempos de confinamento.
O BNG ten moi claro a imprescindible labor destas institucións públicas ao servizo da cidadanía, e sabemos do gran esforzo destas traballadoras e traballadores que durante o confinamento e aínda a día de hoxe realizan horas extras, antepoñendo a súa vida persoal, familiar e moitas veces ata económicas, accións destacables e de recoñecemento, pero non este tipo de recoñecementos, senón con máis recursos materiais e persoais,mais medios de prevención tanto a nivel sanitario como a nivel de concienciación na sociedade.
Nós que imos coa bandeira da coherencia presentamos no pleno de Novembro unha moción sobre a difícil situación xa existente da sanidade, agravada pola crise da COVID, tamén incluímos as necesidades e as adversidades nas que atopan a diario o noso persoal sanitario, sen recursos materiais nin persoais, sen reforzos para cubrir as baixas e dobrando a capacidade do persoal, sen medios de protección fronte ao virus, e ás ordenes dun Presidente da Xunta que di que o futuro da atención médica primaria será telefónica . E que fai o goberno municipal liderado pola señora María Ramallo, en vez de poñerse do lado do pobo, votan que non a dita moción, unha vez máis póñense de xeonllos ante Feijoo, mostrando unha servidume política no canto de escoitar á veciñanza.
Practicando unha incoherencia absoluta, xa que ás membras e membros do PAC de Marín danlle un premio pola súa labor na crise sanitaria, pero non aproban unha moción con peticións tan básicas como facilitarlle o traballo diario e darlle a protección que precisan.
Dende o BNG de Marín queremos deixar claro que o máis importante a tratar para o 25 N son as medidas para prever, paliar e frear a lacra machista que sofren as mulleres,fillas/os, familiares… vítimas da violencia de xénero.
Polo que para conseguir unha loita conxunta e eficiente contra a violencia de xénero, é necesario reforzar os servizos sociais comunitarios básicos e o CIM