O BNG DEMANDOU UNHA SANIDAE PÚBLICA DE CALIDADE COM MAIS MEDIOS MATERIAIS E HUMANOS.

As melloras solicitadas polo BNG para o centro de saúde foron rexeitados polo goberno local

IMG_20201029_114107
Concentración convocada polo BNG demandando unha atención presencial.
O BNG continuará demandando unha atención sanitaria presencial e de calidade no centro de saúde de Marín.
As melloras solicitadas polo BNG para o centro de saúde foron rexeitados polo goberno local

No ultimo pleno do Concello de Marín, a alcaldesa María Ramallo votou en contra da moción presentada polo BNG para instar ao goberno da Xunta a reactivar a asistencia sanitaria primaria presencial.

María Ramallo votou en contra de dotar de mais persoal o Centro de Saúde de Marín.

María Ramallo votou en contra de aumentar os orzamentos en sanidade pública para asegurar un servizo seguro e de calidade.

María Ramallo, a alcaldesa de Marín, tomou posición a favor das políticas de recortes en sanidade pública de Feijoo en vez de defender os intereses d@s marinenses...

Dende o BNG seguiremos traballando para exixir un servizo de Sanidade Pública e de Calidade!

As melloras solicitadas polo BNG para o centro de saúde foron rexeitados polo goberno local