AS ANPAS DO COLEXIO SEQUELO E O GRUPO ESCOLAR, SOLICITABAN A MEDIACIÓN DO CONCELLO ANTE A CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN

O BNG defende no pleno a escolarización de todos os alumnos e alumnas no ensino público

2018091809494143182
2018091809494143200
A Consellaría de Educación só pretende beneficiar ao ensino privado en detrimento do Público, que é de todos e todas.
O BNG defende no pleno a escolarización de todos os alumnos e alumnas no ensino público

Dende o BNG lamentamos que o Partido Popular non apoiara a moción que foi debatida no pleno do pasado luns, na que as familias das ANPAS do colexio Sequelo e o Grupo Escolar, solicitaban mediar ante a Consellería de Educación para recuperar as liñas que lles foran suprimidas, xa que había familias que pese a vivir na área pertencente a estes centros educativos, non tiñan praza dispoñíbel.

Pese a negación de apoio por parte do goberno do PP, vimos de ter coñecemento da decisión que acaba de tomar Inspección de Educación dotando de novas liñas aos centros de Sequelo e Carballal. Por isto, dende o BNG queremos parabenizar ás ANPAS do Sequelo e Grupo Escolar, xa que grazas ao seu traballo conseguiron ampliar as prazas públicas nestes dous centros públicos.

Aínda que con esta ampliación de liñas cúbrense as demandas de matrículas das familias, sentimos que non fora concedida a liña ao centro do Grupo Escolar.

Na situación que estamos vivindo causada polo COVID-19, non nos parece que o protocolo realizado e presentado pola Xunta no día de onte no que permite ter a 25 crianzas de educación infantil nunha mesma aula,sexa o mais seguro nin axeitado.

Por isto, dende o BNG seguiremos traballando na loita pola mellora na educación pública e insistiremos na creación de novas prazas para que este centro poida ofertar 50 prazas como viña facendo sempre.


 

En Marín, a 15 de Xullo do 2020.

O BNG defende no pleno a escolarización de todos os alumnos e alumnas no ensino público