A PORTAVOZ MUNICIPAL DO BNG, LUCÍA SANTOS, FIXO ENTREGA Á ALCALDESA NO PASADO PLENO MUNICIPAL DUNHA BANDEIRA LGTBI

O BNG entrega unha bandeira LGTBI á alcaldesa

IMG-20200714-WA0003
IMG-20200714-WA0003
A portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, fixo entrega á alcaldesa no pasado pleno municipal dunha bandeira LGTBI para a súa colocación no balcón do Concello. 
O BNG entrega unha bandeira LGTBI á alcaldesa

Hai un ano o BNG trasladaba a pleno municipal un rogo solicitando ao goberno municipal a colocación da bandeira multicolor LGTBI no balcón da Casa Consistorial, pola celebración do día Internacional que se celebra todos os anos o día 28 de Xuño.

O goberno de María Ramallo non tivo en conta esta petición e este ano volvía a colocarse a bandeira multicolor tan só no edificio da Finca de Briz. Dende o BNG volvemos a trasladar dito rogo á pasada Comisión Informativa de Benestar Social e Igualdade celebrada o pasado 2 de Xullo insistindo na importancia dun xesto tan simbólico á vez de sinxelo como é colocar a bandeira no balcón do Concello e colaborar na visibilidade das persoas LGTBI como parte integral da nosa sociedade e para demandarmos unha maior atención sobre a necesidade de traballar contra a discriminación.

Dada a resposta da concelleira Mariam Sanmartín alegando que tan só había unha bandeira e alegando que a colocación no edificio das instalacións de servizos sociais situada na Finca de Briz xa é dar a suficiente visibilidade, a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, fixo entrega á alcaldesa no pasado pleno municipal dunha bandeira para a colocación do balcón do Concello para o ano que vén.

O BNG entrega unha bandeira LGTBI á alcaldesa