DURANTE O MES DE MARZO IMOS SUBIR Á NOSA WEB RETRATOS DE MULLERES DE MARÍN QUE FIXERON OU DESTACARON POR SER ELAS E POLOS SEUS FEITOS.

#8M RETRATOS DE MULLERES DE MARÍN

SARA PIÑEIRO
SARA PIÑEIRO

Para chegar até aquí, antes, moitas mulleres tiveron que loitar polos nosos dereitos. Por iso hoxe queremos poñerlle cara a unha pequena parte de todas elas. Estas viviron ou viven en Marín. E con elas queremos camiñar este mes de marzo; mes de mulleres loitadoras, soñadoras, fortes e sensíbeis co tempo que lle tocou vivir, máis sempre libres.

Co seu orgullo e coa súa dignidade estivemos este mes de Marzo, guiadas polas redeiras, as conserveiras, as coidadoras e as limpadoras, as peiteadoras, as caixeiras de supermercados, as costureira, as mestras e todas aquelas que día a día traballan por un mundo mellor.

Con Carmen Pesqueira “A Capirota” berrando ante toda inxustiza.

Con Elsa “A Carruca” rapada máis sempre chea de dignidade.

Con Sara Piñeiro que leva a todas as labregas na súa fouce.

Coas escritoras da liberdade como Andrea Nunes e Christina Lilliestierna.

Con Esther de la Iglesia indo a universidade e así abrir camiños vetados as mulleres e coa súa irmá Rosa sacando o carne de conducir para sorprender ao mundo.

Coas deportistas que conquistaron ese mundo “só para homes”, como Ceci Puga e Flor Guzmán Davila.

Coas avoas que sempre quixeron conducir a súa propia vida como Pura Cidrás e Rosa de la Iglesia.

Coas que recuperan e fan xustiza co noso pasado máis escuro como Queta Molas.

Coas sabias mestras das que aprendemos a decir NON, como Belén Prada e Eladia Regina Milleiro.

Coas que defenderon sempre e con gran risco os dereitos das traballadoras como Petra Castro, Natalia Otero, Josefa Sequeiros, Dolores Santiago “A Pasionaria”.

Coas primeiras en ser, en ocupar un espazo como a carteira de Santomé Perfecta Rosales; a comadroa Carmen de los Santos; a empresaria do cine Quiroga Amalia Méndez; a traballadora do noso concello Argentina Pérez “A Xesteira”; a condutora do trole-bus Fina de Pazo Allariz; a policía local Genoveva Rosales; a médica e cirurxiá Mª dolores Rguez; a catedrática da Universidade Marítima Mundial Laura Carballo.

Coas primeiras representantes do nacionalismo nos concellos como Mar Santiago, e con Divina Pesqueira alcaldesa de barrio polas Pedreiras.

E tampouco faltarán nestas manifestacións de loita e de reivindicacións as que “non están” por que alguén lle roubou a vida e as que foron tantas veces golpeadas cando só buscaban respecto.

E con tantas outras que non podemos nomear, que non habería páxinas no mundo onde plasmar tanta coraxe e tanto valor.

Con todas elas marchamos hoxe e sempre, da man, xuntas, polas nosas rúas que nos observan expectantes por que saben que o futuro é noso.

Grazas infinitas a todas elas.

Comisión da muller do bng.

#8M RETRATOS DE MULLERES DE MARÍN
SARA PIÑEIROROSALÍA LUBIÁNREDEIRASQUETA MOLASPURA CIDRÁSPORVIRPETRA CASTROPERFECTA ROSALESNATALIA OTEROMAR SANTIAGOLAURA CARBALLOJOSEFINA DE PAZOJOSEFA SEQUEIROSIRMÁNS DE LA IGLESIAGENOVEVAFLOR GUZMÁNELADIA MILLEIRODOLORES SANTIAGODOLORES RODRÍGUEZDIVINA PESQUEIRACELIA PUGACARMEN PESQUEIRABELÉN PRADAARGENTINA PÉREZANDREA NUNESAMALIA MÉNDEZ
#8M RETRATOS DE MULLERES DE MARÍN