DEMANDAMOS UN IVE DO 10% PARA O SECTOR DAS PERRUQUERÍAS

Aprobada a moción do BNG para a baixada do IVE ás perruquerías e barberías

002

O pleno do concello de Marín aprobou a moción presentada polo BNG solicitando a baixada do IVE ás perruquerías e barberías

Aprobada a moción do BNG para a baixada do IVE ás perruquerías e barberías

O BNG de Marín trasladou ao Pleno Municipal, celebrado este pasado xoves 11, unha moción de apoio ao sector dos salóns de peiteado, estética e barbería, para instar ao Goberno Central a baixar o IVE deste sector ao 10%. Esta proposta saiu aprobada na sesión plenaria ao contar cos votos favorábeis do BNG e do PP e a abstención do PSOE.

Esta proposta, vén para apoiar e visibilizar a protesta “histórica” deste sector, que no ano 2012, tocoulles facer un esforzo en plena crise económica, cando o goberno de Mariano Rajoy aprobou a suba do IVE nesta actividade pasándoo do 8% ao 21%.  Isto tivo consecuencias negativas para o sector, xa que precisamente na situación de crise na que nos atopábamos, as perrucarías decidiron manter os prezos, pese a suba de 13 puntos no imposto do IVE, xa que este incremento foi prometido dende o goberno do PP como unha suba temporal.

 A Portavoz Municipal do BNG, Lucía Santos, indicou que “esta medida que ía ser temporal, continúa vixente 9 anos despois e sigue sin cumprirse a promesa de rebaixar o IVE, que coa crise económica derivada do COVID19, este sector está nunha situación moi delicada con restriccións horarias, reduccións de aforos e limitacións de mobilidade”.

Mais, como lembra Lucía Santos,” resulta curioso que hai xusto un ano, cando se decretou o estado de alarma e estivemos na situación mais dura do confinamento, as perrucarías foron consideradas como actividade esencial podendo seguir abertas ao público, mais  non está considerando a petición da aplicación do IVE como sector esencial.”

Dos 48.000 establecementos rexistrados a nivel estatal, 18.000 locais pecharon neste último ano, perdendo 50.000 postos de traballo. É por isto, que o BNG despois de manter varias reunións con representantes do sector, decidiu trasladar esta proposta solicitando baixar o tipo impositivo do 21% ao 10%, xa que esta medida serviría de axuda directa e permitiría seguir mantendo abertos moitos negocios para evitar que se volva repetir a situación do 2012 de peche de locais e perda de postos de traballo.

 

Aprobada a moción do BNG para a baixada do IVE ás perruquerías e barberías