Demandamos a mellora do lavadoiro de Allariz

03f0de9a-8294-4499-b7cb-f2cfd2fc13fd
03f0de9a-8294-4499-b7cb-f2cfd2fc13fd
O BNG de Marín presentou un escrito no concello denunciando o abandono do lavadoiro de Allariz e solicitando o seu adecentamento.
Demandamos a mellora do lavadoiro de Allariz

Dende o Bng de Marín queremos denunciar o estado de abandono no que se atopa o lavadoiro de Allariz, situado na parroquia de Santomé de Piñeiro, xa que leva máis dun ano sen mantemento nin limpeza por parte do concello, e como consecuencia da falta de actuacións prodúcese un estancamento da auga que atopase chea de verdello e insalubre.

Dito estancamento da auga ocasionase debido á falta de limpeza, e a que as pedras do lavadoiro filtran auga cara a terra por non ter o debido mantemento, o que imposibilita que a auga chegue a un nivel rebosante no lavadoiro, para circule continuamente.

A veciñanza de Allariz está farta de ser ignorada polo concello de Marín, despois de presentar numerosos escritos explicando a situación, de falar co concelleiro do rural expoñéndolle a problemática, e ante a falta de respostas foi a propia veciñanza quen levou a cabo tarefas de limpeza, para intentar solucionar o problema.

Un ano despois ante a desidia do goberno municipal, volven a presentar numerosos escritos no rexistro do concello, cal é a súa sorpresa que seguen sen contestar nin dar solución a dita situación.

A veciñanza reclama arranxar o problema, xa que de nada vale poñer sinais novos indicando os lavadoiros se non se poden usar nin desfrutar. Tamén queren deixar claro que os concelleiros adicados o rural teñen unha función: dedicarse a tódalas parroquias por igual.

Deste xeito queda latente a falta de interese do goberno de María Ramallo polo rural marinense, unha vez máis queda en evidencia a súa falta de xestión, xa que actúan poñendo parches e improvisando.


 

Marín, 20 de agosto de 2020

Demandamos a mellora do lavadoiro de Allariz