SOLICITAMOS UNHA MELLORA NO SERVIZO DE RECOLLIDA DE APARELLOS NO RURAL MARINENSE.

Demandamos unha maior atención do rural.

2f3380f7-940a-46bd-bb8d-0e46bd4b5f8b (1)
2f3380f7-940a-46bd-bb8d-0e46bd4b5f8b (1)
Demandamos unha maior atención do rural.

Dende o BNG volvemos a insistir un mes despois ao goberno municipal para que tomen medidas urxentes de inmediato ante a situación na que se atopan os puntos de contedores polas parroquias do rural nos que se sigue acumulando lixo.

Seguimos recibindo múltiples queixas tanto de novos puntos de contedores que se están convertendo en vertedoiros como dos xa trasladados a comisión de Medio Ambiente que un mes despois siguen na mesma situación.


 

É inaceptábel que o goberno municipal non tivese actuando durante este tempo mostrando este abandono das parroquias do rural. Só temos que darnos unha volta por calquera parroquia e observaremos a cantidade de puntos de contedores que se están convertendo en vertedoiros de electrodomésticos, mobles, colchóns e todo tipo de residuos dando unha imaxe lamentábel e o que é peor, en situación de insalubridade con malos cheiros e coa proliferación de insectos e animais prexudiciais para a saúde da veciñanza.

Ademais disto, son numerosas as queixas recibidas polo mal funcionamento do teléfono de atención pública para a recollida de aparellos que non contestan as chamadas. Isto leva ao abandono de mobles e electrodomésticos ao carón dos contedores onde se vai acumulando o lixo durante meses sen que ninguén o recolla.


 

Dende o BNG reclamamos ao goberno municipal esixa a empresa encargada da xestión de residuos cumpra coas súas funcións e que se leve a cabo unha limpeza en todos os puntos de contedores do noso concello e por outra banda, se active o servizo de recollida de aparellos ou que se reforce en caso de ser preciso pero o que non pode ser é o mal servizo que está recibindo a veciñanza de Marín.

Demandamos unha maior atención do rural.