Campaña de apoio ao comercio local
O BNG de Marín presenta a campaña de apoio ao comercio local que se está a desenvolver en todo o país “Mellor comercio local, mellor produto galego”
Dende o BNG sempre animamos a consumir no comercio local e nestes momentos, nesta crise COVID, é mais necesario que nunca apostar polo consumo consciente e apoiar a quen crea aquí emprego e dá riqueza e vida a un pobo.
Para animar á veciñanza a consumir produtos de proximidade, o BNG está repartindo nos comercios de Marín e Seixo material para visualizar a importancia do consumo local.
Se dende hai anos o comercio local arrastraba unha importante crise xerada pola competencia das grandes superficies, nestes momentos a sua supervivencia faise mais complicada co aumento nas compras por internet.
O comercio de barrio non pode competir cos presos de AMAZON ou ALIEXPRESS pero ofrécenos outros servizos que a compra on-line non nos pode ofrecer. O consumo local crea unha cadea de economía circular, da vida a un barrio e crea postos de traballo.
Nestas datas apostemos polo consumo de calidade e reforcemos a nosa economía do xeito que nos toca mais de preto, colaborando para que a nosa vila non esmoreza. Mellor consumo local, mellor consumo galego.