O BNG reúnese coa veciñanza de Macenlle

IMG_20200810_210337
IMG_20200810_210337
O BNG presentará no Pleno as demandas da veciñanza de Macenlle, que reclama desde fai anos a dotación dos servizos de auga e saneamento para as súas vivendas.
O BNG reúnese coa veciñanza de Macenlle

O BNG mantivo unha xuntanza coa veciñanza de Macenlle para recoller unha serie de reclamacións que serán trasladadas a pleno municipal deste xoves.

 

Os veciños desta zona levan moitos anos reclamando para que se leve a cabo unha obra tan necesaria e básica como é a dotación de servizo a rede de auga e saneamento para as súas vivendas. Arredor de 30 casas que van dende Coirados até Pardavila pola senda dereita da PO-313, carecen deste servizo que levan décadas demandando polo que teñen que contar con recursos propios para poder dispoñer de auga e fosas sépticas en cada vivenda.

 

Nestes últimos anos, presentaron alegacións no Concello e trasladaron ao grupo de goberno esta reclamación, aproveitando as obras da senda peonil que xa se empezou a executar para poder realizar os enganches a estes servizos, xa que as vivendas do outro lado da estrada sí contan co servizo de acceso a auga pública e saneamento.

A día de hoxe, estes veciños non tiveron resposta formal por parte do grupo de goberno, o que lles parece indignante.Ao mesmo que lles parece indignante que se leve a cabo a obra da senda peonil por diante das súas casas, obra coa que están dacordo, pero que non se teña en conta as súa peticións de dotacións de servizos básicos e necesarios.

O BNG reúnese coa veciñanza de Macenlle