A DENUNCIA DO BNG NA COMISIÓN MUNICIPAL FAI QUE O CONCELLO RETIRE O NIÑO DE VELUTINA.
A denuncia do BNG fai que retiren un niño de velutina en Mogor
A portavoz municipal do BNG de Marín Lucía Santos, trasladou este xoves a comisión de medio ambiente a problemática que leva padecendo dende hai un mes unha familia no Cruceiro do Vento (Mogor) con un niño de velutina na súa vivienda.
Esta familia leva poñéndose en contacto tanto no teléfono 012, habilitado pola Xunta de Galiza para dar aviso da retirada de niños de velutina coma no Concello, onde os remiten de novo a dito teléfono. Polo que un mes despois siguen sen ter resposta mentras o niño continúa medrando co perigo que conleva e a posíbel expansión da velutina.
Dende o BNG, trasladamos esta grave situación a comisión de medio ambiente e solicitamos que dende o Concello inste á Xunta de Galiza, con quen ten asinado un convenio para a loita contra a velutina para que actúen de inmediato xa que o único xeito de combatir esta praga é a intervención inmediata para intentar paliar os graves danos que está causando a velutina tanto no ecosistema como o perigo que supón para as persoas que poidan resultar alérxicas.