O BNG propón que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.

aula
aula

O BNG considera que se deben tomar medidas excepcionais para unha situación excepcional, por iso propoñemos que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.

O próximo inicio do curso neste mes de setembro está provocando incerteza e preocupación entre as familias diante da evolución da pandemia que estamos padecendo.

A esta situación está contribuíndo a actitude da Xunta e da Consellaría de Educación tras aprobar un protocolo que non foi consensuado coa comunidade escolar, Anpas e Sindicatos, e que non implica a diminución de ratios nin a contratación de mais persoal educativo ou de limpeza.

Tampouco contribúe a diminuír a incerteza a constante pelexa e a busca de réditos políticos por parte dos partidos con responsabilidades de goberno, PP na Xunta e PSOE no goberno central. As administracións teñen que aportar solucións aos problemas que enfrontamos xerados pola pandemia da Covid, e non poden andar a pasarse a responsabilidade unhas a outras.

Desde o ámbito municipal tamén temos que aportar esas solucións tratando de paliar as consecuencias da pandemia.

O BNG considera que se deben tomar medidas excepcionais para unha situación excepcional, por iso propoñemos que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.

Non sabemos como vai evolucionar a pandemia, nin como vai afectar ao curso escolar, polo que deberíamos dispoñer de alternativas no caso de ter que fechar parte ou todo un colexio e dar continuidade as aulas presenciais.

En Marín temos as casas de cultura das Comunidades de Montes, onde xa se imparten cursos, o edificio da Casa do Mar, que conta con salón de actos, e a biblioteca municipal, que ten a aula Cemit con equipamento informático e un salón de actos.

Estas instalacións, e outras que se poderían propoñer poden servir para dar aulas a grupos concretos ou para evitar desprazamentos de alumnado dunha determinada parroquia, como poderían ser a de Santomé ou San Xulián.

Marín, 28 de agosto de 2020

O BNG propón que o Concello de Marin poña a disposición da Consellaría de Educación locais para o seu uso como aulas de ensino no caso de ser necesarios.