O BNG DEMANDA UN CRIBADO A TODA A POBOACIÓN E A POSTA A DISPOSICIÓN DO SERGAS DAS INSTALACIÓNS DA ESCOLA NAVAL.

Propostas do BNG na xuntanza de portavoces do concello de Marín.

Lucia Santos, concelleira do BNG

O pasado xoves celebrouse a xuntanza de portavoces municipais solicitada polo BNG á alcaldesa de Marín, para que o goberno municipal informara aos grupos sobre a situación sanitaria en Marín.

Propostas do BNG na xuntanza de portavoces do concello de Marín.

O BNG solicitou á alcaldesa de Marín unha xuntanza de portavoces para pedir ao goberno municipal información aos grupos da oposición sobre cal é a situación sanitaria no noso concello, e dita xuntanza tivo lugar este pasado xoves.

Despois dos cambios nas novas medidas restritivas e o incremento de persoas infectadas nos últimos días, a portavoz municipal do BNG, Lucía Santos, trasladou unha serie de propostas na xuntanza de portavoces, para axudar a paliar a situación en Marín e que dende o BNG considera importantes para apoiar as persoas que estean en situación de confinamento e aportando iniciativas que permitan a mellora sanitaria do noso concello.

O BNG solicita de novo ao Ministerio de Defensa a residencia militar da ENM para poñer a disposición do Servizo Galego de Saúde como apoio, no caso de colapso sanitario e poder utilizar as instalacións como hospital de campaña.

Solicita pedir un cribado masivo para a veciñanza de Marín. Até día de hoxe só se realizaron cribados sectoriais, e aínda que en Marín non se están dando focos de contaxios, si que levamos dende o mes de setembro en situación de risco medio-alto sen conseguir baixar de estado.

Dende o BNG, considera imprescindíbel a creación do servizo de atención domiciliaria para persoas Pre-COVID e COVID, como apoio en xestións esenciais como trámites burocráticos, achegar a compra, recollida de lixo os días precisos, achegar o xantar a persoas con mal estado de saúde…

Así mesmo, outra proposta para o apoio a persoas Pre-COVID e COVID é crear un teléfono de atención, información e apoio para ofrecer servizo as persoas que estean nesta situación de confinamento ou contaxio.

O BNG considera importante e imprescindíbel a comunicación do grupo de goberno cos grupos de oposición sobre a situación xerada pola pandemia, para tender a man e traballar en conxunto, aportando ideas e propostas, polo ben da saúde e benestar da nosa veciñanza.

Propostas do BNG na xuntanza de portavoces do concello de Marín.