Posta en valor das rutas de sendeirismo de Marín e do Patrimonio cultural de ditas r
O Grupo Municipal do Bloque Nacionalista Galego-Asambleas Abertas, e ao abeiro da lexislación vixente, presenta a seguinte MOCIÓN, para o seu debate e posterior aprobación, se procede, polo Pleno da Corporación Municipal de Marín,
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS
O Concello de Marín dispón de elementos culturais e naturais de especial relevancia que deberan facer de Marín un punto turístico de parada obrigatoria nas Rías Baixas, tanto pola sua situación xeográfica como pola sua riqueza paisaxística, arquitectónica e cultural...pero lamentabelmente non é así. Contamos con importantes xacementos prehistóricos como son os Petróglifos de Mogor, o Castro da Subidá, as Mámoas de Castiñeiras, o Menhir de Currás...temos dúas igrexas románicas do século XII en Santomé e Sta. María do Campo,muíños, lavadoiros, cruceiros, o casco antigo de Marín(totalmente abandonado). E estes tan só son algúns exemplos do que a nosa vila pode ofrecer como reclamo turístico. Ademáis da beleza paisaxística do noso entorno, desde as praias até os montes como o Lago de Castiñeiras (espazo cada vez mais degradado), Penizas ou o Pornedo desde onde podemos gozar dunhas espectaculares vistas da Ría, por destacar só algúns lugares.
Na actualidade está en pleno auxe a práctica de sendeirismo, e Marín conta con recursos atractivos de sobra para atraer os amantes desta práctica. No mandato do bipartito dende a Concellaría de Medio Ambiente gobernada polo BNG creáronse dúas rutas que son a Ruta das Praias, que vai dende a praia de Portocelo até a praia do Santo e a Ruta do Monte Penizas que sae do Lavadoiro do río Lameira e remata na Igrexa de Santomé. E no mes de xuño do ano 2015 foi inaugurada unha nova ruta, o Roteiro do Espazo natural e arqueolóxico dos sete camiños
O pasado venres 19 de frebreiro, a Asociación Cultural Almuinhafixo unha petición ó Goberno Municipal para, a través dunha política ambiciosa, converter a Marín nun referente do sendeirismo. Na sua solicitude pedían nunha primeira fase actuacións moi sinxelas de desenrolar como son diferenciar dúas rutas do Monte Penizas e o remate das rutas das Mámoas e a do río Lameira ou río Castiñeiras. Ademais disto, Almuinha solicitaba unha correcta sinalización e información dos puntos de maior relevancia das rutas así como unha mellor publicidade do conxunto das rutas.
De levarse a cabo esta solicitude, Marín contaría con sete rutas de sendeirismo (unha vez rematada a dos cinco miradoiros) que levarían ós camiñantes polos espazos naturais e elementos culturais de maior relevancia do noso concello.
Por todo isto,
SOLICITAMOS
- Que se resolva a duplicidade actualmente existente da Ruta do Monte Penizas denominando a ruta que chega até Santomé como Ruta do Monte Penizas-Santomé.
- Que se inicien as actuacións precisas para rematar a Ruta das Mámoas.
- Que se sinalicen correctamente todas as rutas e se coloquen paneis informativos nos principais lugares de interese.
- Que se publiciten por parte do Concello todas as rutas a través de folletos, páxina web do Concello...para aumentar a sua difusión e coñecemento.
En Marín, a 25 de febreiro do 2016.
Asda: Lucía Santos Omil
-Concelleira do G.M. do BNG-Asambleas Abertas-