Descarga o proxecto de orzamento municipal que presenta o goberno do PP
Este é o proxecto de orzamento municipal que nos presenta o goberno municipal do PP de Marín.
O goberno local pretende aprobar no pleno do vindeiro mércores día 13 o Orzamento para este ano 2016, e que a día de hoxe aínda non fixo público para que a cidadanía poida informarse e opinar.
Desde o BNG-Asemblea Aberta de Marín queremos facelos públicos para que poidades consultar o documento que marcará a política do goberno de maioría absoluta do PP para os vindeiros meses, e estamos abertos a responder ás vosas preguntas na medida en que a información facilitada nolo permita.
http://es.calameo.com/read/00147740707c3892f85ec