MOCIÓN DO BNG SOBRE A APROBACIÓN DO REGULAMENTO DE CONTROL COMUNITARIO QUE SUPÓN UN AGRAVIA PARA O SECTOR DE PESCA DE GALIZA
BNG reclama ao goberno galego e estatal que esixan en Bruxelas a revisión do regulamento de control de pesca
A aprobación do Regulamento de Control da Pesca no Parlamento Europeo é unha mostra máis o descoñecemento e afastamento que ten a UE do sector pesqueiro galego, con decisións que supoñen un agravio para a nosa frota, afastadas da realidade do sector e desproporcionadas.
É por esta razón, que o Bloque Nacionalista Galego presentou unha moción para tratar no vindeiro Pleno Municipal do mes de abril, solicitando ao Concello de Marín o apoio para esixir á UE a eliminación da modificación do Regulamento que afecta á frota artesanal.
Para o BNG, os Gobernos non defenden ao sector galego en Bruxelas, pois debían de terse anticipado a unha regulación que supón na práctica sumar prexuízos aos que xa sofre a frota galega, no reparto de cotas e TACs.
Dende o BNG consideramos que a obrigatoriedade de que se lle vaia a esixir ao segmento de frota artesanal o diario electrónico a bordo e a súa transmisión, é na práctica algo moi gravoso para a pesca e o marisqueo, porque supón unha carga desproporcionada para os barcos e a súa capacidade de faenar. Chamamos a unha revisión, para que o Goberno Galego e o Goberno do Estado esixan en Bruxelas que a presentación dos datos de capturas en formato impreso poida seguir sendo posible, como alternativa, para os buques pesqueiros de eslora total inferior a 12 metros e que Galiza exerza as súas competencias propias en materia pesqueira rexeitando esta imposición.
O Bloque lembra que dende que foi presentada a proposta da Comisión Europea criticou duramente a proposta do diario electrónico para a pesca artesanal, a xeolocalización e a de instalación de cámaras nas embarcacións para controlar a obriga do desembarque das capturas.
O BNG manifesta a súa oposición á videovixilancia, considerándoa unha medida excesivamente invasiva pois na UE están máis preocupados en lexislar que en saber como son as condicións de traballo dun sector tan duro como o pesqueiro”
Non máis imposicións dende a UE de máis trámites administrativos aos mariñeiros nin de medidas que son alleas a realidade do sector pesqueiro galego!