O BNG convocará a todos os grupos políticos e partes implicadas para salvar o Parque de Castiñeiras

O BNG convocará a todos os grupos políticos e partes implicadas para salvar o Parque de Castiñeiras

Lago webO BNG-Asemblea Aberta de Marín convidará a todos os grupos políticos da Corporación Municipal, comunidades de montes e outras entidades a formar un grupo de traballo que teña como obxectivo impulsar a recuperación do parque de Castiñeiras.

Moción rexeitada

“O BNG presentou unha moción o pasado mes de decembro na que propoñíamos constituír  un grupo de traballo integrado por todos os grupos políticos da Corporación e polos representantes que designen as comunidades de montes de Santomé de Piñeiro e San Xulián co fin de analizar as posibles partidas económicas ( procedentes de fondos propios ou doutras administracións),  que o Concello para potenciar o uso social, turístico, cultural do parque a través do proxecto da Fundación do Parque de Castiñeiras-Cotorredondo”, explica a portavoz do BNG, Pilar Blanco.

 "A moción contou co apoio de Marea Veciñal e do PSOE, pero o PP opuxose de fronte amparándose en informes técnicos, polo que ante a imposibilidade de que fose aprovada retirámola a espera de que o PP recapacítase”, engade.

 “Lonxe de facelo, reitera a súa negativa a  participar da Fundación baseándose na lei de racionalización e sostibilidade local aprobada polo goberno de Rajoy en decembro de 2013, a cal impide que as Entidades Locais poidan adquirir, constituír ou participar na constitución, directa ou indirectamente de fundacións. Lei que o goberno local do PP incumpre reiteradamente con outros convenios e contratacións tal e como lembra todos os meses o Servizo de Intervención nos seus informes”.

Pasividade do goberno local

 A actitude do goberno local, e en particular da súa máxima responsable, é de pasividade total ante ao deterioro  ao que a Xunta de Galicia, con competencias plenas no web centromantemento do parque, ten sometido a maior área recreativa de todo o país, e a día de hoxe tamén a máis abandonada: “Tal e como nos ten acostumados cando de exixir responsabilidades ao goberno de Feijóo para con Marín se trata, a alcaldesa mira para outro lado e ponse de perfil como se con ela non fora”.  “Sorprende cando menos, que a máxima autoridade municipal nin se inmute ante o anuncio da Xunta de levar para Cotobade o Centro de Recuperación de Aves de Cotorredondo. Máxime cando hai so uns meses anunciaba xunto a Cores Tourís un Plan Director para recuperar o parque e impulsar o centro”, lembra a portavoz nacionalista.

Grupo de traballo

“Desde o BNG cremos que é preciso unir forzas para non peder un área cuxa importancia

transcende en moito á dun simple espazo de esparexemento. O Concello debe implicarse e os grupos políticos temos obriga de esixirllo, mais tamén podemos achegar as nosas propostas e o noso traballo para salvar todos os obstáculos. Por esta razón impulsaremos este foro de traballo no que todas as partes teremos que poñer da nosa parte o preciso para dar resposta ao clamor popular de salvar o lago”.

 Marín, 6 de febreiro de 2016

 

O BNG convocará a todos os grupos políticos e partes implicadas para salvar o Parque de Castiñeiras