Sen categorizar
O BNG lamenta o voto en contra do PP a solicitar á Xunta un Plan Integral para Castiñeiras
16/mar./2026
Lucía Santos Omil critica que o PP rexeitase a moción para impulsar un plan supramunicipal para Castiñeiras e advirte de que o chamado “Plan Director” da Deputación, limítase a actuacións puntuais que non garanten unha conservación real do espazo natural. Por iso, reclama que sexa a Xunta quen lidere un proxecto integral capaz de coordinar as distintas administracións e asegurar os recursos necesarios para protexer o seu valor ambiental e patrimonial.