Marín con Nós candidatura galega
Os únicos que falamos de Galiza somos nós, afirmou Xosé Collazo
A Biblioteca de Marín acolleu o acto central de Nós candidatura galega coa presenza do candidato ao senado pola provincia de Pontevedra, Xosé Collazo e da portavoz do BNG en Europa Ana Miranda.
O acto comenzou da man de Maríola Fernández, unha das moitas persoas que a nivel particular apoian a única candidatura 100% galega que se presenta no noso país ás eleccións xerais.
Maríola Fernández destacou a hopocrisía das forzas todas as forzas estatais ao celebrar unha suposta soberanía e unidade de España ao tempo que obrigan aos barcos galegos a cambiar de bandeira para poder pesxar en augas da Unión Europea e deixan morrer o agro galego permintindo a importación masiva de leite francés a prezos abusivos e expulsan á nosa mocidade a traballar fóra.
Pola súa parte, a portavoz do BNG, Pilar Blanco incidiu na traizón dos que din defender Galiza: Son os mesmos que anuncian o tren de alta velocidade e logo non teñen cartos para investir nun sistema de seguridade. Aínda estamos esperando que a señora Ana Pastor responda polas vítimas do Alvia, ás que a día de hoxe aínda non recibiu, afirmou. Blanco tamén agradeceu a xenerosidade de todas as forzas políticas que conforman a candidatura Nós, entre as que está o BNG, deixándoo a un lado ás súas siglas a favor dunha candidatura de unidade 100% galega.
Ana Miranda destacou o traballo do nacionalismo galego en Europa e en Madrid a favor de Galicia: Os afectados polas preferentes, os emigrantes retornados, os traballadores da pesca e do agro, os autónomos, as mulleres galegas, todos poden dar fe de que foi o nacionalismo galego quen os defendeu cando desde Madrid ou Bruxelas nos queren castigar.
Os problemas non se arranxan chorándolles aos de Madrid cada vez que veñen aquí en campaña electoral. Os problemas arránxanse defendendo o dereito de Galiza a producir, porque non queremos esmolas, quereremos traballar e vivir na nosa Terra e temos dereito a decidir o noso futuro, afirmou Xosé Collazo, candidato ao Senado afincado en Moaña.
Somos a candidatura do pobo, non temos outro interese que defender a Galiza, e levamos moitas décadas defendo ao nosos país, porque somos os herdeiros de Castelao e nunca renunciaremos a defender o noso .