O BNG presenta no concello unha moción para a creación do Consello Municipal do Deporte
Alfonso Fernández sinala a importancia que tería este órgano para os clubs e o deporte marinense
O Grupo Municipal do BNG-AA presenta unha moción relativa á creación dun Consello Municipal de Deportes así como a aprobación do seu regulamento, para o seu tratamento polo Pleno da Corporación Municipal.
O deporte en Marín precisa dun órgano cualificado e representativo de tódolos clubs marinenses dentro do concello, o seu cometido será dar voz os clubs así como recibir información da Concellería de deportes municipal.afirma Alfonso Fernández
Este consello tamén debería servir para que os clubs poidan facer as súas propostas e iniciativas conxuntas ao consello para a súa valoración, neste consello tamén debaterase a elaboración dun calendario deportivo anual co obxetivo de darlle unha maior publicidade os eventos e así tamén repartilos mellor o longo do anoengade o concelleiro nacionalista.
Cremos que sería importante a creación deste órgano para dar voz aos clubs dentro do Concello así como para dar transparecia dentro da Concellaría de Deporte
Por medio deste consello regularase e aprobarase o uso das infraestruturas deportivas existentes no concello entre tódolos clubs interesados para así poder chegar entre todos a un mellor acordo e tentar que estre todos se consiga un reparto que os beneficie ou polo menos que non prexudique sempre os mesmos. En definitiva o noso grupo municipal con apoio de algúns dos clubs máis representativos da nosa vila cos que o BNG se puxo en contacto para presentarlle esta proposta pensamos que a creación deste Consello Municipal de Deportes solo pode beneficiar o deporte de Marín que é o que máis nos debe importar se queremos que o deporte da nosa vila acade as cotas que xa conseguiron algúns dos nosos concellos veciños que si dispoñen dun consello como o que nos propoñemos, finaliza Alfonso Fernández
Marín, maio de 2016