Xosé Collazo e Ana Miranda en Marín con Nós candidatura galega
A Biblioteca Pública Municipal acollerá o acto de campaña da única candidatura 100% galega
Este venres 11 de decembro, a Biblioteca Pública Municipal acollerá o acto principal de campaña de Nós candidatura galega no cal participarán o candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra Xosé Collazo, e a portavoz do BNG en Europa Ana Miranda, xunto con Mariola González e Pilar Blanco.
Nós candidatura galegla é o resultado dun desexo común: a procura dunha candidatura nacional galega de unidade, e as persoas que participan neste acto son o reflexo desa unión.
Son cinco as forzas políticas que forman parte de Nós: BNG, PG, CG, FOG, e PCPG, e sobre todo moitas persoas a título particular que entenden que Galiza precisa ter voz de seu no Congreso e quere participar desta suma de vontades construída entre todos e todas.
O encontro será a patir das 20.00 da tarde e terá un formato participativo no que o público poderá facer preguntas e comentarios, porque Nós é a voz do pobo galego , a das persoas con pensamento crítico que queren facer que as cousas muden.
Esperámosvos!!