eólico
Sen categorizar

O PP nega o seu apoio ao rexeitamento á instalación de parques eólicos no Morrazo

O goberno de María Ramallo antepón os seus intereses partidistas por riba do benestar da veciñanza, evitando posicionarse contra o Plan Sectorial Eólico impulsado polo goberno da Xunta que promove o boom eólico e depredador que ameaza a centos de concellos galegos, entre eles Marín, desenvolvendo unha expansión eólica sen planificación nin control público.

Ler novas
Sen categorizar
Rolda de prensa eólicos

O PP bloquea a moción do BNG solicitando o rexeitamento de parques eólicos no Morrazo

Lucía Santos afirma que “a negativa do PP a debater a moción demostra un comportamiento déspota e unha falta de respecto tanto aos grupos de oposición como á propia veciñanza de Marín, que ten dereito a coñecer o posicionamento do goberno municipal ante un proxecto desta envergadura, que afecta de cheo a dúas parroquias do noso concello.”

Paulo Ríos lembra a situación de “espolio e depredación eólica” que está a vivir o país nestes momentos, que “non está pensado en beneficio dos intereses galegos, senón para enriquecer ao gran oligopolio eléctrico”

Ler novas